Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/9-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Punta Plancha.

Situación: Malpica de Bergantiños.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e en conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 350 m de lonxitude, con orixe no C.T. Santo Antonio e final no C.T. de Punta Plancha que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte a R.B.T. subterránea en conductor R.V. e grampada en conductor R.Z. de 120 m de lonxitude. Concello de Malpica de Bergantiños.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 11 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña