Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/68-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Peña de Francia-Bosende-Torroso.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. ó actual C.T. Peña de Francia ata o C.T. que se proxecta en Peña de Francia, Bosende-Torroso, concello de Mos. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Peña de Francia. R.B.T., subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Peña de Francia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 7 de xuño de 1999.

P.A.

Rafael Rubio Maquieria

Secretario provincial de Pontevedra