Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xuño de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00054-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadacción de multas e san-

cións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 16 de xuño de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00054-I-1999.

Matrícula: C-5705-AN.

Denunciante: 101SSXU33259032.

Denunciado: Marcelino Lago Agra.

Último enderezo coñecido: Geima Maroños (Santa Mariña) (Mazaricos) A Coruña.

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (vacas) co vehículo matrícula C-5705-AN que está provisto de autorización de transportes MPC-N pesando en báscula 4.350 kg estando autorizado para un PMA de 3.500 kg o que supón realizar un transporte cun sobrepeso de 850 kg que representa un exceso do 24% sobre o PMA do vehículo.

Data: 28-1-1998.

Hora: 16.36.

Estrada: N-525.

p.k.: 338,1.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 35.000 ptas.