Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial do Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 50/1998.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador nº 50/1998, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador nº 50/1998.

Denunciado: Samuel Pérez Feijóo.

DNI: 34.555.319-G.

Último enderezo coñecido: r/ Vasco Díaz Tanco, nº 33-6º Esqda. 32005 Ourense.

Ourense, 14 de xuño 1999.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense