Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación dos servicios de limpeza que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 28, do 11 de febreiro de 1999.

-Área de Servicios Sociais de Vigo: adxudícaselle á empresa Limpisa Grupo Norte, por un importe mensual de 370.828 ptas. (trescentas setenta mil oitocentas vinteoito pesetas).

-Centro Base de Vigo: adxudícaselle á empresa Limpisa Grupo Norte, por un importe mensual de 215.325 ptas. (duascentas quince mil trescentas vintecinco pesetas).

-Centro Base de Pontevedra: adxudícaselle á empresa Distribuciones y Exclusivas Francisco Fernández Lijó, S.L., por un importe mensual de 326.482 ptas. (trescentas vinteseis mil catrocentas oitenta e dúas pesetas).

-Residencia da 3ª Idade de Campolongo: adxudícaselle á empresa Distribuciones y Exclusivas Francisco Fernández Lijó, S.L., por un importe mensual de 764.026 ptas. (setecentas sesenta e catro mil vinteseis pesetas).

-Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela: adxudícaselle á empresa Clarosol, S.A., por un importe mensual de 711.363 ptas. (setecentas once mil trescentas sesenta e tres pesetas).

Vigo, 6 de maio de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra