Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/108-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento talleres Covi.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 30 m de lonxitude, desde a L.M.T. ATI 703, entre centro de seccionamento Dalphi e C.T. polígono A Granxa N.4, alimentando en bucle o centro de seccionamento proxectado denominado talleres Covi, rematando na mesma liña, concello do Porriño. Centro seccionamento con tres celas de liña SF.6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 3 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra