Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras de cuberta e obras varias no CEIP Cerdeiriñas-Piloño-Vila de Cruces e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: delegación provincial.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: cuberta e obras varias no CEIP Cerdeiriñas-Piloño-Vila de Cruces.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 16.392.907 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 327.858 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2.

a) Descrición do obxecto: construcción dun ximnasio no CEIP de Marcón-Pontevedra.

b) Prazo de execución: 8 meses.

c) Orzamento da obra: 16.244.019 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.060.435 ptas.

Ano 2000: 7.183.584 ptas.

d) Fianza provisional: 324.880 ptas., correspondente ó 2 % do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento cuberta, acceso minusválidos e obras varias no IES Nosa Señora das Dolores-Forcarei.

b) Prazo de execución: 7 meses.

c) Orzamento da obra: 19.696.950 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.

Ano 1999: 9.696.950 ptas.

Ano 2000: 10.000.000 de ptas.

d) Fianza provisional: 393.939 ptas., correspondente ó 2% do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.4.

a) Descrición do obxecto: cuberta e obras varias no CEIP San Xóan Bautista-Cerdedo.

b)Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 20.558.251 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: exenta.

e) Clasificación: grupo C, categoría D.

2.5.

a) Descrición do obxecto: corrección de humidades e instalación de depósito para gasóleo C no CEIP. Codeseda-A Estrada.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 6.243.990 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 124.880 ptas., correspondentes ó 2 % do orzamento de licitación da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administratvas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo pri

meiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 7 de xullo de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provinvial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

5857