Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1999 pola que se anuncia, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, a licitación do concurso das obras de clave PO/99/33.2 e tres máis.

a) Obra.

1. Reforma da intersección na estrada PO-325. Treito: Vigo-A Ramallosa p.k. 5,320, Canido.

Clave: PO/99/33.2.

Orzamento: trinta e tres millóns trinta e catro mil setenta e cinco pesetas (33.034.075 ptas.).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Reforma da intersección na estrada C-550. Treito: Pontecesures-Vilagarcía de Arousa no p.k. 9,010, Catoira.

Clave: PO/99/38.2.

Orzamento: dezasete millóns catrocentas mil trescentas noventa e seis pesetas (17.400.396 ptas.).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Reforzo do firme na C-533 A Rúa-límite provincia p.k. 0,767 o p.k. 2,200.

Clave: OU/99/40.2.

Orzamento: nove millóns novecentas cincuenta e oito mil duascentas trinta e sete pesetas (9.958.237 ptas.).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira acreditarase conforme o establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase conforme o establecido no artigo 17 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Garantía provisional: 199.165 pesetas.

4. Reforzo do firme con mestura bituminosa en quente na estrada Ourense-Portugal N-540 p.k. 67,150/71,600. Treito: Lobios.

Clave: OU/99/50.2.

Orzamento: trinta e catro millóns novecentas oitenta e nove mil duascentas trinta e catro pesetas (34.989.234 ptas.).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no punto a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do día dezanove (19) de agosto de 1999, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda