A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas , prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados pola consellerías correspondentes logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relaciona no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
Health Plan for Galicia 1998-2001: 4.000 pesetas (24,04 euros).
Plan Integral de Atención Sanitaria e Social á Muller: 700 pesetas (4,20 euros).