Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1999 pola que se anuncia a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de determinadas revisións de control financeiro.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de asistencias técnicas, por concurso público aberto, que terán por obxecto a realización de revisións de control financeiro correspondentes ás actividades desenvolvidas por determinadas entidades da Comunidade Autónoma durante o exercicio 1998, así como de revisión de expedientes de subvencións.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización de revisións de control financeiro de acordo co detalle seguinte:

ConcursosEntidadesPrazo de execuciónImporte

(en meses)PesetasEuros

1. Instituto Galego da Vivenda e Solo21.200.0007.212,15

2. Fundación Semana Verde de Galicia11.000.0006.010,12

3. Sogama, S.A.21.200.0007.212,15

Concurso 14. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo11.000.0006.010,12

5. Tur-Galicia1900.0005.409,11

6. Sodeco, S.A.1900.0005.409,11

Total6.200.00037.262,76

Concurso 27. Instituto Lácteo Gandeiro310.000.00060.101,21

8. Hospital Juan Canalejo22.500.00015.025,30

9. Hospital Xeral de Galicia22.500.00015.025,30

Concurso 310. Hospital Xeral de Vigo22.500.00015.025,30

11. Hospital Xeral Calde Lugo22.000.00012.020,24

Total9.500.00057.096,14

12. Fundación Hospital de Verín1900.0005.409,11

13. Fundación Centro de Transfusión de Galicia1800.0004.808,10

14. Fundación Instituto Oftalmolóxico de Galicia1800.0004.808,10

Concurso 415. Fundación Virxe da Xunqueira1800.0004.808,10

16. Fundación Hospital do Barbanza1900.0005.409,11

17. S.A. Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec)11.000.0006.010,12

18. Compañía de RTVG e as súas sociedades22.000.00012.020

Total7.200.00043.272,88

Concurso 519. Revisión 1/98 subvencións fondos propios37.400.00044.474,90

Concurso 620. Revisión 2/98 subvencións IFOP-FEOGA38.600.00051.687,04

Concurso 721. Revisión 3/98 subvencións Igape310.400.00062.505,26

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: ordinaria.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é o que está detallado no cadro que figura no punto 2. Os importes entenderanse en pesetas co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido para cada contrato.

Definitiva: 4% do orzamento establecido para cada contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 3 San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 79.

e) Telefax: 981 54 41 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 13 de setembro de 1999, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda