Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (7/1990-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 7/1999-10, por instancia de axentes da policía nacional números 52882 e 54430 contra Julia Jiménez Montoya, e nas actuacións do cal se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que din á letra:

«Sentencia: en nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1999, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 7/1999, no que actuaron como partes, como denunciantes, os policías nacionais cos números 52882 e 54430 e como denunciada Julia Jiménez Montoya.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo condenar e condeno a Julia Jiménez Montoya como autora dunha falta do artigo 634 á pena de dez días con cota diaria de 200 ptas., así como ás custas procesuais.

A pena deberase pagar unha vez firme esta resolución e de non se facer así nin se cobrar por vía de constrinximento cumprirá o condenado a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recurso de apelación perante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor na primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que

se formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.»

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Julia Jiménez Montoya, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o oito de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado