Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, a contratación da obra: iluminación do adarve, escaleiras orixinais, accesos e portas, e restauración dos cubos XIII e XIV da muralla de Lugo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social, e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, polo procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación da seguinte obra:

Iluminación do adarve, escaleiras orixinais, accesos e portas, e restauración dos cubos XIII e XIV da muralla de Lugo.

Orzamento de licitación: cento dezasete millóns oitocentas mil catrocentas trinta e seis pesetas (117.800.436 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: dez (10) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoria e.

Exposición dos pregos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse

ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo