Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio de impacto ambiental das instalacións do parque eólico de Pena Feixa (Monfero). (Expediente 1/1998).

Para os efectos previstos no artigo 25.3º da Lei de ordenación do territorio de Galicia e do artigo 5 do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio de impacto ambiental presentados pola empresa Eólicos Touriñán, S.A. con domicilio social no lugar de Ruibó-Cee, para o parque eólico de Pena Feixa.

Denominación: parque eólico de Pena Feixa.

Concello: Monfero.

Situación: Monte de Pena Feixa.

Tódalas persoas físicas ou xurídicas que se consideren afectadas no expediente poderán examina-lo proxecto e estudio citados e presenta-las alegacións oportunas no prazo dun mes nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, ou mediante calquera outra forma

e lugares recollidos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 11 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña