Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 12 de xullo de 1999 Páx. 9.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Juan Ares Casal (praza 98/048).

Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro desta universidade, adoptado na súa reunión do 7 de xuño de 1999, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 5 de xuño de 1998 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza número 98/048, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade, a favor de Juan Ares Casal, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Ares Casal profesor titular de universidade da área de coñe

cemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade.

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña