Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais que se van celebrar na Comunidade Autónoma de Galicia durante 1999: Expomar (Burela), Salimat (Silleda) e Sapromar (Vigo).

Adxudicatario: Grupo Des, S.L.

Importe: 8.800.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura