Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/123-3 A.T.).

Instalación: L.M.T. Trives-Cova: A Pobra de Trives.

Entidade beneficiaria: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 16 de xullo de 1999, na casa do concello, de 12 a 14 horas.

Por resolución desta delegación provincial do 10 de marzo de 1999 foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas conse

cuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF, resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 21-8-1998, no BOP de Ourense do 12-8-1998 e no xornal diario La Región do 17-7-1998, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello da Pobra de Trives e no anexo da presente resolución, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, á súa custa.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Segundo establece o artigo 56 do Regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 2 de xuño de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/123Provincia: Ourense

L.M.T. Trives-CovaTermo municipal: A Pobra de Trives

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

16AgroPradoHrdos. Avilio Domínguez Losada

Rpta. Carlos Domínguez Álvarez

r/ Lamas Carvajal, 24-5º A, 32005-Ourense40370

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

26BaladoLabradíoHdos. Valentín Blanco

Carmen Blanco Domínguez

García Morato, 37-4º I, 47006 Valladolid9151510

35Cortiñas de E.PradoJosé Luis Domínguez ÁlvarezDeputación, 12, 32780 Trives440

38LamelaPradoHrdos. Avilio Domínguez Losada

Rpta. Carlos Domínguez Losada

r/ Lamas Carvajal, 24-5º A, 32005 Ourense14100

39LamelaPradoTeófilo Álvarez BernalDescoñecido12120

40LamelaPradoCarmen Álvarez LosadaAs Cortes-San Mamede, 32780-Trives1111641.640

53CorgaPradoHrdos. Avilio Domínguez Losada

Rpta. Carlos Domínguez Losada

r/ Lamas Carvajal, 24-5º A, 32005 Ourense22220