Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/65-2, 5149 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4. 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. Carlos Azcárraga, 9-Polígono Burozos (Lugo).

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea C.T. Carlos Azcárraga 9. C.T. Polígono Burozos (Lugo) de 290 metros a 20 kV baixo tubo de polietileno en conductor D.H.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6015