Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

EDICTO do 10 de xuño de 1999, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, sobre o cambio de titularidade do predio 53 da expropiación relativa á autoestrada A Coruña-Carballo, N/AC/90.4, sita no termo municipal de Arteixo.

Guadalupe Rodríguez Suárez solicita ante este Servicio Provincial de Estradas o recoñecemento da titularidade do predio nº 53, afectado de expropiación con motivo das obras de clave N/AC/90.4, Autoestrada A Coruña-Carballo, no termo municipal de Arteixo e que na acta previa a ocupación figura a nome de Manuela Rodríguez García.

Por este edicto, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999 que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de efectua-lo trámite de audiencia recollido no artigo 84 da citada Lei 30/1992, cítase a Carmen Gómez Varela como parte interesada no expediente, da que se descoñece o domicilio, e a cantas persoas poida efacta-lo cambio de titularidade do citado predio, para que no prazo de 15 dáis a partir da publicación desta edicto comparezan neste Servicio Provincial de Estradas co fin de manifesta-la súa conformidade ou desconformidade coa solicitude de Guadalupe Rodríguez Suárez e presenten cantas alegacións consideren oportunas, advertíndose que, de non recibir ningunha contestación no prazo indicado, se entenderá que non se opoñen á dita solicitude, neste caso efectuarase o cambio de titularidade do referido predio nº 53, a favor de Guadalupe Rodríguez Suárez.

Coruña, 10 de xuño de 1999.

José Luis Rodríguez Alonso

P.A.

Xefe do Servicio Provinvial de Estradas da Coruña

6016