Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-1640; XG-107, de Buño a Ponteceso e varios puntos, F-2406; XG-230, de Corme a varios puntos, e F-2515; XG-248, de Brantuas a varios puntos.

O acordo directivo do 30 de novembro de 1998 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Autocares J. Pombo, S.L. por cesión do seu titular, Jesús Pombo Mariño.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes