O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de xuño de 1999, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar festa de Galicia de interese turístico da provincia de Ourense, segundo o Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico, a seguinte:
-Festa da Androlla e o Entroido de Viana do Bolo.
En cumprimento do disposto no artigo 7.1º do citado decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras das festas e ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo