Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

De conformidade co sinalado no informe que, previamente á aprobación definitiva do Plan de Protección de Reforma Interior do Núcleo Histórico de Cangas, emitiu o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia con data do 15 de marzo de 1999, en cumprimento da Resolución desta Alcaldía do 12 de maio do mesmo ano por medio deste anuncio sométese de novo a información pública o instru

mento urbanístico mencionado polo período dun mes, contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG co obxecto de que durante tal prazo os interesados poidan presenta-las alegacións e suxestións que consideren convenientes respecto da última aprobación municipal recaída no proxecto mencionado no que constan as modificacións introducidas como consecuencia da información pública anterior.

Faise constar que o expediente administrativo tramitado e o proxecto redactado se atopar á disposición dos interesados nas dependencias de Urbanismo deste concello con horario de consulta das 10 ás 14 h.

Cangas, 7 de xuño de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde