Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Ampliación Virxe do Carballal, 4818.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Ampliación Virxe do Carballal nº 4818, de 1 cuadrícula mineira para recursos de

sección C, no concello de Carballeda de Valdeorras da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice pp6º 51' 20''42º 22' 20''

Vértice 1 6º 51' 00''42º 22' 20''

Vértice 2 6º 51' 00''42º 22' 00''

Vértice 3 6º 51' 20''42º 22' 00''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 30 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense