Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 08 de xullo de 1999 Páx. 8.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

DECRETO 200/1999, do 25 de xuño, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Santa Mariña de Luci e San Miguel de Rarís (Teo-A Coruña).

As parroquias de Santa Mariña de Luci e San Miguel de Rarís, que pertencen ó concello de Teo, están situadas ó sur da provincia da Coruña, e resultan afectadas pola concentración parcelaria aproximadamente 610 ha.

A dispersión parcelaria que presentan os terreos das ditas parroquias, posta de manifesto polos agricultores destas mediante solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, motivou un estudio de viabilidade e de valoración das posibilidades que ofrece a zona para incrementa-lo rendemento dos recursos agropecuarios, deducíndose a conveniencia de levar a cabo a concentración parcelaria por razóns de utilidade pública e interese social.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, formulada conforme o establecido na Lei galega 10/1985 do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia e logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Santa Mariña de Luci e San Miguel de Rarís (Teo-A Coruña).

Artigo 2º

O perímetro da zona será, en principio, o correspondente á totalidade dos terreos das parroquias de Santa Mariña de Luci e San Miguel de Rarís. O referido perímetro quedará en definitiva modificado polas rectificacións, inclusións ou exclusións que se acorden, ó abeiro dos artigos 23 e seguintes da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 3º

A esta zona seranlle de aplicación os beneficios económicos programados ou asumidos pola Xunta de Galicia, para mellorar ou moderniza-las explotacións agrarias, e, en concreto, os que sinale o artigo 6 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Artigo 4º

Os traballos de execución desta concentración parcelaria iniciaranse nun prazo non superior ós 6 meses a partir da publicación do presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultarase a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para dicta-las disposicións complementarias que requiran a execución do presente decreto.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria