Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 11-6-1999 foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o cal se expón ó público na secretaría do concello por prazo de catro días hábiles, co fin de que se poidan presentar reclamacións, contados desde a publicación deste anuncio no BOP.

Ó mesmo tempo anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Coles, sito en Vilarchao, 32152-Coles. Tfno.: 988 20 51 32. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato, orzamento da licitación e prazo de execución: importe total incluída a dirección de obra, beneficio industrial, gastos xerais e IVE:

Obra OrzamentoPrazo execución

Luz pública Coles5.000.0002 meses

Rede de sumidoiros Soutullo9.350.000 4 meses

Rede de sumidoiros Coles, zona 412.678.000 4 meses

Rede de sumidoiros Melias8.832.929 3 meses

3. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Presentación de proposicións:

Prazo: ata as 12 horas do 13º día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación.

Documentación que hai que presentar: a que se sinala no punto IX, do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito en Vilarchao-Coles.

Prazo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións.

Modelo de proposición: figura no prego.

6. Apertura das ofertas: o día hábil seguinte (agás sábado) a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións ás 18 horas.

7. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Coles, 12 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado