Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se anuncia a prórroga da toma de posesión dos predios de substitución na zona de Bazar (Castro de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Bazar (Castro de Rei-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión delas, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, prorrogándose a data límite, para a dita toma de posesión, nun prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación do último aviso, a falta de acordo do seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para

Galicia, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todas e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga a quen no acordo de concentración figuren como adxudicatario, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

José Mariano Pérez Fernández

Director xeral de Desenvolvemento Rural