Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/139-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., A Grela-O Ventorrillo (L-6).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al. de 150 m de lonxitude, con orixe na liña que vai desde C.T. Avda. dos Mallos (expediente 50834) e remate no C.T. San Luis de 260 m de lonxitude en C.T. centro de reflexión O Ventorrillo (expediente 25936) e remate no C.T. Nosa Señora (expediente 33246). A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña