Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.750

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador do concurso-oposición para a categoría de persoal de servicios xerais (PSX) convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 1999).

Convocado concurso-oposición para o ingreso na categoría de P.S.X. Esta división fai público o acordo do tribunal cualificador da categoría de P.S.X. pola que se concreta a folla de cálculo e procesador de textos sobre a que se desenvolverá a proba informática que como segundo exercicio da fase de oposición se prevé no parágrafo 2º da letra G do anexo III da referida convocatoria. Así esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o acordo do tribunal cualificador nos termos seguintes:

A segunda proba da fase de oposición consistirá nun exercicio práctico en ordenador persoal, no que o aspirante resolverá un suposto proposto polo tribunal coas seguintes ferramentas, tal como se establece na convocatoria:

Procesador de textos: Microsoft Word 97.

Folla de cálculo: Microsoft Excel 97.

O exercicio poderá esixi-la utilización do procesador de textos, folla de cálculo ou o conxunto de ámbolos dous.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde