Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 1999 pola que se autoriza a inclusión no Rexistro de Escolas de Música, da escola privada de Xinzo, do concello de Ponteareas (Pontevedra).

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Doutra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, establece no seu artigo 11 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música, pola Asociación Cultural Banda de Música Xuvenil de de Xinzo de Ponteareas, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola de música da que se sinalan os datos no anexo a esta orde queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Xinzo.

Denominación específica: escola de música privada de Xinzo.

Código do centro: 36024021.

Titularidade: Asociación Cultural Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

Enderezo: Casa da Cultura, A Granxa, Xinzo de Ponteareas.