Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso para o aluguer por lotes de diversa maquinaria para a execución de obras durante o presente ano 1999 que fará o persoal proveniente do convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S99/70.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: aluguer de maquinaria. b) División por lotes e número: si. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: farase de forma inmediata.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2ª. C) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para o aluguer por lotes de diversa maquinaria para a execución de obras durante o presente ano 1999 que faranse polo persoal proveniente do convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de xuño de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado