Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/45-2, 5106 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Fraias (Abadín).

Situación: Abadín.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Fraias de 816 m a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56. C.T.I. de Fraias de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Fraias de 1.950 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquellas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo