Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local sito na rúa dos Feáns, 3-D, de Santiago de Compostela, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns da urxencia en dispor do local e das peculiaridades do ben, ó tratarse dun local adxacente a outros ocupados pola Comunidade Autónoma de Galicia, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, dependente organicamente da Consellería da Presidencia e Adminitración Pública, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local de 342 m para oficinas, máis 50 m para garaxe no soto terceiros, sitos no edificio sito na rúa dos Feáns, 3-D, en Santiago de Compostela, para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda