Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999 pola que se inscribe a Asociación Cultural Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, do 23 de abril de 1999.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 102.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo