Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo sistema de concurso aberto e polo trámite de urxencia, da adquisición e subministración para a modernización das instalacións frigoríficas no porto pesqueiro de Portosín.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto para a contratación, polo trámite de urxencia, da adquisición e subministración para a modernización das instalacións frigoríficas do porto pesqueiro de Portosín.

Obxecto: adquisición e subministración para a modernización das instalacións frigoríficas do porto pesqueiro de Portosín.

Orzamento e tipo: trece millóns de pesetas (13.000.000) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: tres meses desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á dis

posición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará as 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás diez horas (10) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a ser o primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adjudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura