Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.605

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (171/1997).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo por divorcio nº 171/1997, por instancia de Manuela Cambeiro Cambeiro, contra Eliseo Crespo Fernández; nos autos, por resolución do día da data, acordouse empraza-lo devandito demandado Eliseo Crespo Fernández por edictos, para que no termo de vinte días compareza en autos, comparecendo en forma mediante avogado e procurador e conteste a demanda, baixo apercibimento de que, en caso de non comparecer, será declarado en rebeldía, recaendo sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de emprazamento en forma ó demandado, expídese este edicto en Corcubión o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado