Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do plan parcial do polígono B-10 do PXOU predio A Corva-San Brais.

A Comisión de Goberno, en virtude da delegación do alcalde do 15-7-1996, en sesión do 7-6-1999,

acordou aprobar, con carácter incial, o plan parcial do polígono B-10/predio A Corva-San Brais do vixente plan xeral de ordenación urbana, formulado, mediante iniciativa particular por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada e redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da delegación en Pontevedra do COAG do 20-5-1999.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa Dona Tareixa) e formulárense as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puidera practicar.

Pontevedra, 16 de xuño de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral