Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de poxa con procedemento aberto, a obra seguinte:

Obxecto: beirarrúas na rúa Salvador Allende-1ª fase (Nós).

Orzamento: 6.998.598 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: 139.972 ptas.

Definitiva: 279.944 ptas.

Prazo de execución: doce semanas.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 10 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa