Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión con data do 13 de maio de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o plan parcial e o proxecto de urbanización do SAUR-6-A Choupana.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó órgano que o dictou, segundo o disposto polo artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere procedente.

Cangas, 31 de maio de 1999.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde