Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso de determinación de tipo polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de gases medicinais nos hospitais e complexos hospitalarios dependentes do Servicio Galego de Saúde (S. 370/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedimento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: en distintos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, distribuídos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

-CPV: 24111100.

-Subministración sucesivo de gases medicinais (osíxeno líquido, nitróxeno líquido, protóxido de nitróxeno líquido e aire medicinal).

-Orzamento total: contía indeterminada.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridos: pola totalidade ou por lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver apartados 5 e 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio o que poden solicitarse os documentos pertinentes: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 23 de xullo de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 31 de xullo de 1999.

b) Enderezo á que deben dirixirse: rexistro xeneral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos do Servicio Galego de Saúde). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano ( 2º piso, ático ala norte, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte o de finalización do plazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: non se esixen garantías para a fase de concurso de determinación de tipo.

9. Modalidades esenciales de financiamento e pagamento ou referencias os textos que as regulan:

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la a sua oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo II o prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: na dirección e servicio indicadas no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 10 de abril de 1999.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 25 de xuño.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos