Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.520

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (172/1998).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 172/1998 que neste xulgado se segue por insultos e ameazas, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido pronuncia a seguinte sentencia. Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 172/1998, seguidos neste xulgado sobre insultos e ameazas, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciantes Belén González Fernández e os policías locais números 061 e 155, e o denunciado Alberto Agrasar Cruces. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito). Resolución: que debo condenar e condeno a Alberto Agrasar Cruces como autor dunha falta de autoridade, á pena de multa de vintecinco días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de seiscentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Alberto Agrasar Cruces, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1999.

A secretaria

Rubricado