Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.483

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 186/1999, do 17 de xuño, polo que se nomea vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, así se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1995, do 20 de xullo.

No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración do ente público, así como a forma de nomea-los vocais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que serán nomeados a proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante do vocal representante da Consellería de Industria e Comercio no Consello de Administración do ente público, en virtude do procedemento do artigo 10.9º do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, para cubri-las vacantes que se produzan no Consello de Administración, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomea-lo vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia:

1. En representación da Administración autonómica:

-Consellería de Industria e Comercio: Jesús Vázquez San Luis.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda