Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración dunha furgoneta con destino ó parque móbil da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/6643 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dunha furgoneta con destino ó parque móbil da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 2.100.000 ptas.=12.621,25 euros do que, deducida a valoración dos vehículos usados (200.000 ptas=1.202,02 euros) de conformidade co disposto no artigo 188 da Lei 13/1995, resulta un orzamento final do contrato de 1.900.000 ptas.=11.419,23 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 84.000 ptas.=504,85 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral de 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 24 de xuño de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario