Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: explotación do edificio dedicado a bar, vestiarios e servicios na praia fluvial do Tambre.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Canon de explotación: canon anual mínimo de 50.000 ptas.

5. Garantías: provisional: no se esixe e definitiva: 50.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello do Pino; enderezo: Pedrouzo, Arca. Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23.

7. Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse na secretaría do concello, en horario das 9 ás 13

horas, no prazo de trece días naturais contados desde a última publicación efectuada.

8. Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O Pino, 2 de xuño de 1999.

Rubricado