Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela situada na rúa Amado Carballo, rúa Xosé Malvar Figueroa esquina rúa de nova apertura na que se aprobou un estudio de detalle entre esa rúa e a unidade de actuación número 9 por acordo plenario do 29 de xaneiro de 1998.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 31 de maio de 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da parcela situada nas rúas Amado Carballo, Xosé Malvar Figueroa e rúa de nova de apertura sobre a que se aprobou un estudio de detalle entre a rúa Amado Carballo e a unidade de actuación nº 9 aprobado por acordo plenario de 29-1-1998, sendo formulado este proxecto de urbanización, mediante iniciativa particular, por Os Regos Promociones, S.L., coa denominación de obra ordinaria, e composto do documento con visado da Delegación en Pontevedra do COAG con data do 10-3-1999 e novo plano de número 2, intervido colexialmente o 12-4-1999, reformando e anulando o correlativo daquel, documentación redactada polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez, e informe da compañía adxudicataria do servicio municipal de augas Aquagest, asinado polo xefe de explotación o día 8-4-1999, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 7 de xuño de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral