Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante decreto do 13 de maio de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Promociones Valentín y Veiga, S.L., que comprende unha parcela pertencente ó solo urbano (en San Pedro da Ramallosa) e que se regula polas ordenanzas 3 e 6, tendo como finalidade a ordenación do volume da parte que afecta á ordenanza 6.

Durante o prazo dun mes exponse ó público o expediente co obxecto de que poida examinarse e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 26 de maio de 1999.

José Villar Pereira

Alcalde