Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 268/1998).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Edreira (Curtis).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,679 km, con orixe na liña de media tensión Cesuras-Teixeiro e final no centro de transformación proyectado Edreira. Centro de transformación tipo intemperie Edreira, cunha potencia de 50 kVA relación de transformación 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea de 0,11 km, de lonxitude con orixe no centro de transformación proxectado Edreira, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. No termo minicipal de Curtis.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 13-10-1998, no BOP do 22-9-1998, no xornal El Correo Gallego do día 15-9-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Curtis. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e

implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 1 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña