Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171. 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Avda. José Antonio, 21.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 26 m de lonxitude en conductor R.H.V de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. oficina e entra e sae no C.T. Avda. José Antonio, 21 e final na L.M.T. Avda. Xeneralísimo. C.T.I. de 250 kVA a 15.000C2,5-5%/400 voltios. Concello de Miño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 28 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña