Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/427-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.L.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17. 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Fontexería.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de

3(1x240)mm Al, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Outes-Muros 2ª fase (Expte. 378/97) e final no C.T. Fontexería que se vai instalar. Centro de transformación en caseta de 250kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Muros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña