Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de xuño de 1999, do recadador da zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (A. Vaamonde, S.A. e trescentos oitenta e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse perante o órgano de tramitación (zona de recadación de Vigo, rúa Ronda de Don Bosco 44-1º, Vigo) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 4 de xuño de 1999.

Javier Sánchez García

Recadador da zona de Vigo