Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.445

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999 pola que se corrixe a do 4 de maio de 1999 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido erro na inserción da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 104 de data 2 de xuño de 1999, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

-No anexo I, páxina 6.810, onde di: «Praza 1642/99. Actividades que debe realizar quen obteña a praza: didáctica e organización escolar. Santiago de Compostela», debe dicir: «Praza 1642/99. Actividades que debe realizar quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela».

En consecuencia, o prazo de presentación de instancias empezará a contar a partir da publicación desta corrección no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela