Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.444

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, a José María Paz Gago.

Vista a proposta formulada pola comisión xulgadora do concurso para a provisión da praza 92/081, de profesor titular de universidade, área de coñecemento de teoría da literatura, convocada por Resolución do 14 de decembro de 1992 (BOE do 21 de xaneiro de 1993).

Resultando que por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 22 de abril de 1998, recaída no recurso nº 01/0000155/1995, se anulou o nomeamento de José María Paz Gago con data do 7 de novembro de 1993 (BOE do 30) para a provisión da dita praza.

Resultando que por Resolución do 19 de xaneiro de 1999 se dispuxo a execución da referida sentencia, ordenando a retroacción das actuacións do procedemento.

Resultando que, realizadas as actuacións do concurso, a comisión xulgadora elevou a proposta de nomeamento en favor de José María Paz Gago.

Considerando que concorren neste suposto as circunstancias ás que o artigo 57.3º da LRXPAC supedita o recoñecemento de efectos retroactivos ós actos administrativos, este rectorado.

Resolve nomear profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura, a José María Paz Gago, con efectos retroactivos do 7 de novembro de 1994.

A Coruña, 11 de xuño de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña